Ponteceso aproba un transversal Plan Municipal de Igualdade

07:23 20/11/13

O Concello de Ponteceso aprobará o vindeiro luns o Plan Municipal de Igualdade entre homes e mulleres. Este plan, que vai xa na súa tereceira edición, con carácter cuatrianual, constitúese nun libro de boas prácticas a aplicar nas diversas áreas de traballo do Concello de Ponteceso, dende o Departamento de Cultura ata o Departamento de Administración.
Actividades polo 25N
Así mesmo, e con motivo do Día contra a violencia de xénero, o Concello de Ponteceso, celebrará este domingo 24 de novembro ás 16.30h no Salón de Actos do Edificio das Escolas, en fronte do IES Ponteceso unha xornada interxeneracional, na que presentaremos todos os traballos realizados nos últimos dous anos en materia de fomento da igualdade.
- Documenta. Traballo realizado por alumnas e alumnos da Escola Municipal da Terceira Idade, son protagonistas dun filme contando as súas costumes e como mudaron co paso do tempo.
- Spots publicitarios da igualdade. Os protagonistas son neste caso as alumnas e alumnos do IES Ponteceso, que elaboraron diversos spots pola igualdade entre homes e mulleres. Unha actividade semellante á que fixeran o ano pasado co proxecto Rec-Apacita.
- Maruxa mariñeira. Traballo realizado por alumnas e alumnos de primaria do CEIP As Forcadas de Corme. Un libro no que se narra a vocación mariñeira dunha muller da Costa da Morte. O libro foi editado xa pola Deputación Provincial da Coruña e enviado a todos os centros da zona, para traballo didáctico co alumnado.
- Títeres pola igualdade. Representación de títeres co alumnado de infantil dos Colexios do Concello de Ponteceso. .
Novas relacionadas
- 25N: Nen unha máis.
- As curtas da mocidade da Costa da Morte contra a violencia de xénero.
- A Maruxa Mariñeira saíu ao mar.