Ponteceso celebrará a 30ª edición da Festa das Fabas
A Trabe quedou Pilarica pero non vai quedar sen a tradicional Feira das Fabas de Ponteceso, que este ano cumpre 30 anos. A cita, coma sempre, será o último sábado do mes de outubro. Arrincará ás 10:30h coa gravación do “Ferrado e medio”, o programa da Radio Galega especializado no agro presentado por Xusto López Carril, un xornalista natural de Muxía.
A partir das 11:00h xa haberá feira, e haberá aunha exposición de fotos históricas. O escultor Yosi Fervenza, fará figuras de madeira, ao compás do pasarrúas de Treboada Baixo Miño.
Antes da hora de xantar (ademais de fabas haberá bar, polbeira e churrasco), a humorista Eva Iglesias dará un pregón. Ás 15:30h, a Banda de Balbina amenizará e pola tarde volven os pasarrúas. Verbena Galega porá o peche pola noite coa súa música.
Non faltarán na festa a fabeira María José Pose Rama, que aporta gran parte das fabas que se van cociñar na festa, e a cociñeira de primeiro nivel Josefa Amado Mosqueira, que leva cociñando na Feira das Fabas desde a primeira edición.