Ponteceso intenta salvar un case imposible POS
- A veciñanza de Tella, protagonista das obras do POS 2019
Visitaba onte o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, Ponteceso. Ademais de avalar a polémica xestión do alcalde, Lois Carballido, a visita serviu de agradecemento á veciñanza de Tella pola súa xenerosidade, pois foron moitos os veciños que cederon terreos gratuitamente nunha zona urbana de demanda de vivenda e que ten un valor no mercado para desenvolver as obras de humanización do núcleo.
Unhas obras que veñen aínda do POS 2019, e que permitiron ampliar o vial de Tella ata os 6 metros de ancho, mentres se executan as obras de acondicionamento da contorna do local social e a mellora da rede de saneamento na aldea.
POS 2021
Mentres segue no aire a problemática do POS 2021, despois de que o pleno rexeitase a proposta presentada polo alcalde. A Deputación vén de enviar ao Concello a emenda sobre a documentación presentada (foi presentada sen o acordo plenario esixido), polo que o Concello podería ter 10 días para solventalo.
Neste caso, o alcalde asegura que está a negociar con dous grupos da oposición, APIN e PP, para deixarlles que decidan parte dos investimentos do POS. Asegura que xa mantivo unha reunión con APIN e espera poder desenvolvela co PP para consensuar as obras. Un consenso que dende a oposición vén tarde, e para Daniel García Cotelo nonhai volta atrás. "O alcalde ten que dimitir, non cabe lugar outra cousa. É un cadáver político sin respaldos, e sobre todo un trapalleiro sin valores. Outros que temos valores non entramos a estas historias do señor Lois", sinala con rotundidade.
Un POS que nin se votou, pois non se admitiu no pleno na orde do día, porque a oposición lamenta que "nos enganase a todos". O PP ratifícase ca súa decisión de non incluír os gastos correntes no POS, impedindo metendo máis investimentos. "Con chantaxes non se fai política. Temos valores", sinala García Cotelo, que considera imposible salvar, a día de hoxe, o POS.