Ponteceso prepárase para a Barquiña
Por Muxía teñen a Barca, pero por Ponteceso, aínda que en diminutivo, non teñen envexa. I é que as Grandes Festas da Barquiña de Ponteceso son das máis esperadas do ano. Este 2014 son 5 días de troula, cun pouco de todo.
O venres 12 de setembro arrinca churrascada popular a partir das 22:00h, con concertos de música de bandas locais como 2strings, Troitamundos e Not Only Shills.
O sábado 13 toca concentración de coches clásicos polo día e verbena pola noite.
Para o domingo 14, comezaremos as 11:00h con ruta de bicicletas clásicas, e exposición das mesmas no Melga, sesión vermú, a I Baixada de Carros e Carretas, e a verbena, que abrirán Os Trastes de Cances e que continuará a orquesta Nueva Generación.
Aínda nos quedan os días grandes. O luns 15, vermú coa Paladdium que repite pola noite con El Combo Dominicano.
E o martes 16 pecharanse coa Festas das Sobras na sesión vermú, un circuito de piragüismo polo Anllóns a golpe de tarde, e a verbena de fin de festa coa Pontevedra.
Semana Cultural de Niñóns
E para quentar motores, que mellor que unha boa Semana Cultural na Casa dos Veciños de Brantuas, Niñóns. Xa comezou o àsado domingo, e dende o martes 2 ata o domingo 7 haberá numerosas actividades.