Ponteceso rexistra un novo accidente laboral
19:30 31/01/12
A primeira hora da tarde deste martes, 31 de xaneiro, produciase un accidente de carácter laboral no lugar de Pazos de Arriba (Ponteceso).
Segundo informa o 112, minutos antes das 17:00h resultou ferido un traballador dunha empresa de fabricación de cisternas cando lle caeu enrriba un destes elementos co que estaba a traballar.
Se ben non trascendeu a gravidade das feridas, podemos supoñer que foron de consideración. I é que ata o lugar dos feitos desprazouse un helicóptero de emerxencias, que trasladou ao ferido ata o Hospital de A Coruña. Ademáis do helicóptero, tamén se precisou de asistencia sanitaria e da intervención da Garda Civil e Protección Civil de Ponteceso.
Novas relacionadas
- Tiroteo en Muxía.
- Xa hai 3 detidos pola malleira nocturna na Ponte do Porto.
- Un novo accidente de tráfico en Baíñas acaba a vida dun mozo de Cee.
Outros accidentes laborais
- 24-10-11: Accidente laboral en Cabana nas obras da Autovía.
- 11-10-11: Accidente grave nas obras do Porto de Sardiñeiro.
Fonte
- Redacción de Fran Lago para QPC (franlago@quepasanacosta.gal).