Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O PP culpa as obras do Parque Eólico os problemas coa turbidez da auga en Corme

Estado das obras do Parque Eolico de Corme
Estado das obras do Parque Eolico de Corme
O PP culpa as obras do Parque Eólico os problemas coa turbidez da auga en Corme

Durante toda a semana pasada Corme volvía sufrir problemas coa turbidez da auga. A veciñanza denunciaba a situación pero non se atrevía a dar ca causa da problemática, algo que si fai hoxe o PP.

Daniel García Cotelo pide “transparencia ao Concello de Ponteceso transparencia sobre como se está xestionando o asunto, e o único que recibimos é un vídeo surrealista do Alcalde facendo que bebe auga na Oficina Municipal”, sinala en referencia a un vídeo colgado por Carballido nas redes sociais.

Dende o PP sinalan, despois de varias investigacións, que “parece que as obras de repontenciación do Parque Eólico de Corme son as culpables desta nova defeita na auga de Corme. As obras do parque eólico, á altura do lugar coñecido como “Fontenla”, por onde baixa un regato que abastece o “depósito de Cuíña”, que a súa vez nutre de auga a parte de Corme, están causando o problema. Non é casualidade que Espina y Delfín cambiara a orixe da auga para Corme, nestes intres estase a bombear dende o Río Anllóns”, denuncian.

Estado das obras do Parque Eolico de Corme 2

Dende o PP de Ponteceso pregúntanse:

  • ”Quen controla as obras do parque eólico?”.
  • “Cal vai ser a solución co depósito que agora se atopa pechado polo mal estado da auga?
  • Ten que seguir con medo a veciñanza de Corme ante calquera problema no suministro, despois do acontecido coa auga?

Por iso piden que o Concello “saque a concurso o ciclo da auga, que despois de 5 anos, e non sabemos o porque, segue no caixón da Alcaldía”.

Novas relacionadas

Comentarios