Prazas vacantes na Escola Infantil de Ponteceso

10:07 14/01/22
A escola infantil A Galiña Azul de Ponteceso, dependente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, conta actualmente con 14 prazas libres nas súas catro aulas. A continuación, descríbese a dispoñibilidade por curso:
- De 0 a 1 ano: 2
- De 1 a 2 anos: 6
- De 1 a 2 anos (outro grupo): 2
- De 2 a 3 anos: 4
Destaca a dispoñibilidade en todos os niveis, sobre todo, no tan demandado período de 2 a 3 anos. A maiores, en cada unha das catro aulas hai unha praza reservada por se houbese algún caso de emerxencia social.
Son 38 nenos e nenas os que usan nestes momentos o servizo, repartidos do seguinte xeito: 6 de 0 a 1 ano, 6 de 1 a 2, 11 noutra aula de 1 a 2 e 15 de 3 a 4.
A Galiña Azul de Ponteceso sitúase na Avenida de Bergantiños e estes son os seus medios de contacto: escolainfantil.ponteceso@igualdadebenestar.org e 981.714.190 ou no seu blog.