xoves. 23.01.2025
El tiempo

Esta finde, a próxima estación, a terra de Pondal

Os Clasicos en Ponteceso
Os Clásicos estarán o sábado en Ponteceso
Esta finde, a próxima estación, a terra de Pondal

O colectivo Ponteceso Cultura Permanente organiza distintas actividades nesta longa fin de semana, incluídas no seu programa "Próxima estación Pondal-Ponteceso. Vía Cultura", pretende demostrar la operatividade da Cultura como ferramenta de sostibilidade dos pobos, que é unha das súas finalidades. 

A xornada comezaba onte venres con Clara Amado que trouxo as súas versións de éxitos musicais que están en plena actualidade ao Edificio das Escolas (rúa Teresa Mosqueira Manso). Un concerto íntimo de voz e piano que nos encherá de boas sensacións. 

O sábado 7, as nenas serán protagonistas. Ana Barja (Orden y Creatividad) achégase a Ponteceso para ensinar xogando. Así se titula o taller que vai ofrecer ás 11:00 h na Biblioteca Municipal (Avda. Bergantiños). Organizadora profesional de espazo, ensinaralle aos máis pequenos a importancia da orde de forma empática e divertida. Estudos recentes demostran que unha sesión de orde é limpeza fai que o noso cerebro faga o mesmo automaticamente: a mente ordénase cando se ordenan os xoguetes. O binomio limpeza e benestar emocional funciona á perfección.

O domingo 8, a música volve ser a protagonista co cuarteto de corda Fua, coa actividade "Os outros clásicos", unha revisión  de grandes clásicos do pop e do rock. O Grupo Fua é un cuarteto de corda pouco convencional. A pesar de que os seus integrantes teñen una formación clásica, o principal obxectivo do grupo e versionar música moderna, pop, rock, bandas sonoras… con agrupación de cuarteto clásico, achegando así estos instrumentos a un público máis amplo.
Está formado polos violinistas Jorge Galán Adega (mestre da Escola Municipal de Música de Oleiros) e Javier Ucha Fariña (Mestre do Conservatorio Profesional de Música da Coruña), o Violista Pablo Quiroga González (mestre da Escola Municipal de Música de Oleiros) e o violoncellista Daniel Canosa Castro (director do coro do Clube do Mar e do coro da Asociación Mar de Linguas). O concerto está programado para as 18:00 h na praza do Relleno, se a climatoloxía permite que se poida realizar no exterior (de non ser así, será no Edificio das Escolas (Rúa Teresa Mosqueira Manso).

Exposicións

Ademais, as persoas que se acheguen a Ponteceso poden visitar no bar O Cruce (Avda. Eduardo Pondal, 66) a exposición de Isabel Soutullo, artista multidisciplinar interesada no concienciación do coidado da natureza, a igualdade de xénero e social. Nesta exposición presenta traballos en óleo e collage. Tamén é creación de Isabel a decoración de Nadal do Cruce, única e moi orixinal. 

Ponteceso Cultura Permante inaugurou recentemente a exposición "Recreatio" de Diego Pérez, artista multidisciplinar que utiliza o acrílico, a acuarela, as tintas e o óleo nas súas creacións.  A exposición pódese visitar no Parador Costa da Morte ata o 28 de decembro. 

 

Comentarios