QPC axudou a reducir a fenda dixital en Ponteceso
Remataron os dous meses de curso de redes sociais que Ubaldo Cerqueiro, un dos responsables de Quepasanacosta, impartiu no Concello de Ponteceso. 12 persoas na capital e outras 6 na vila de Corme aprenderon a manexarse un pouco mellor cas novas tecnolocías, e sobre todo, a perder o medo ao click.
Uns cursos que encadran moi ben cun dos meirandes obxectivos de QPC, o de reducir a fenda dixital. Con estas sesións de alfabetizacións dixitais son cada día máis os internautas que aprenden a navegar e a crear contidos para a rede da Costa da Morte.
Desta volta, a meirande parte foron persoas maiores, se ben houbo varias mozas que se animaron a coñecer un pouco mellor como manexar unha das ferramentas máis utilizadas nestes tempos de hoxe na rede: O Facebook. E ver como Herminia, Aurelia ou Manuel aprendían a compartir as fotos das súas netas é toda unha experiencia.
Formación QPC
- QPC achega á rede aos veciños de Corme e Ponteceso.
- QPC espalla o poder da rede entre os maiores de Dumbría.
- A rede une ás familias de Muxía.
- Muxía aprende a manexar as Novas Tecnoloxías en Igualdade.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).