luns. 11.11.2024
El tiempo

Resoa xa a música do Retella Fest

cartel-festa-presentacion-retella Fest 2024
Resoa xa a música do Retella Fest

Os vindeiros 28 e 29 de xuño terá lugar en Tella (Ponteceso) o Festival Retella Fest. Un compendio de actividades feitas por xentes da aldaa, moi variado a auténtico, que xa vive neste comezo de 2024 os cantos de apertura.

Para ir dando guerra e ir quecendo motores de cara ao verán, este sábado, 20 de xaneiro, celebra a súa festa de presentación con tres concertos. Durante o evento anunciarase o cartel completo da cuarta edición do Retella Fest.

Para o acto de presentación, a organización conta con tres grupos de rock. VAGOS, de Lalín, é unha das bandas máis veteranas en Galicia e levan sobre os escenarios desde 1986. Liderados polo vocalista e compositor Román Gutiérrez, defínense como “delincuentes xuvenís xubilados” tocando”rock ortodoxo”rock and roll, country, R&B e mesmo psicodelia. Están moi influenciados polas correntes pop e rock dos anos 60 e 70, desde The Who e The Pogues ata Nino Bravo, Los Brincos ou Burning. O seu directo é contundente, fresco e moi persoal.

Desde Mallorca chegan VYNILO, unha banda que fai transitar ao público por unha estrada derock clásico, blues e incluso toques metaleiros. O guitarrista da banda é o pontecesán Cibrá Abella, que fará unha visita á súa vila natal para tocar por primeira vez co seu grupo rodeado de amigos e veciños.

Para pechar esta o acto tocará o grupo local Lowcos, formado polo pontecesán Adrián Laíño, un dos organizadores do Retella, e os carballeses Suso Serrano, Pedro Caamaño e Nanny Mouro.

A festa terá lugar a partir das 20:00 horas no campo de Os Seixos (Tella) e a entrada é libre.

Comentarios