Luns. 01.03.2021
El tiempo

Os ríos nacen nos montes. Un chamamento para evitar os parques eóicos nas nacenzas dos ríos

Carlos Penedo Casmartiño, membro da Plataforma pola defensa do Monte As Salgueiras e asinante do “Aldeas con horizonte”, volve lanzar o seu dardo contra a invasión eólica en prol do noso patrimonio natural.
cof
A Fervenza da Brixería
Os ríos nacen nos montes. Un chamamento para evitar os parques eóicos nas nacenzas dos ríos

A auga, un ben moi preciado, nace nos montes. Primeiro son as nacencias e despois os afloramentos dos ríos.

No monte As Salgueiras atesoura este proceso natural ,a auga é a principal protagonista e arredor dela hai todo un mundo para aproveitar este recurso.Muiños, fontes, ríos de lavar. Máis inmaterial atopamos relacionados coa auga un sin fin de topónimos e microtopónimos impresionante.

Tras a casa d´Antón e Folgue queren instalar uns eólicos. Prevé facelo Norvento, na Lagoa e chega ata a Chousa dos Maricos.

Deixamos atrás a Chousa de Rosa, nunha época na que os montes tiñan nombres de muller, e chegamos a Fonte Leiras. Hai moita auga por estes montes, que nace nos recunchos das penedas, mirando ó mar. Fontes que beben do orballo que as mañanciñas deixan caer sobre das silvas. Pasamos por Cuca e Escribana e chegamos ás Salgueiras.

Cabanas de Badín, Chousa Nova, Chousa Vella, Milleiras, Pedra Furada, Cruces, San Hadrián, Laíño, Cucheira, Rego dos Corvos, Carballa, Carballiña, Cova, Pereira, Rego da Carballa, Abelleira, Abelleira Pequena, Mina d´auga, Campo Redondo, Lamachega, Revimba, Porto Lagos,….

Sí, Porto Lagos, un lugar de paso seguro para pasar dun lado ao outro do humidal das Salgueiras, sen mollarse. Porque aquí no monte das Salgueiras tamén hai humidais de montaña. Eses humidais que dan lugar ao nacemento dunha manchea de cauces, regos e manancias… Eses que despois dan de beber á xente das vilas, como o depósito de auga da Costa, no lugar do Couto e que abastece a esta parroquia.

E ao pé das Salgueiras, as Covas, a Cortiña da Rosa e a Chousa da Lista.

Unha riqueza toponímica inmesa ao redor do monte As Salgueiras que nun futuro próximo será engulida polo cartel xigante do dragón capitalista:
Benvidas ao polígono eólico industrial das Salgueiras.

Ruta da Pedra da Serpe en Ponteceso

  • Carlos Penedo Casmartiño, membro da Plataforma pola defensa do Monte As Salgueiras.

Novas sobre os eólicos

comentarios