Venres. 29.03.2024
El tiempo

Rosalía ilustra ás mulleres de Ponteceso

Rosalía ilustra ás mulleres de Ponteceso

Interesante a mostra que ofrece o Centro Cultural de Ponteceso coincidindo cos actos do Día da Muller Traballadora, que se celebrará este xoves 8 de marzo e que trae numerosas actividades en toda a bisbarra. E volve ser Rosalía de Castro, xa homeneaxeada polo seu 175 aniversario a protagonista.

"Rosalía Ilustrada" é o título da exposición, onde a obra literaria de Rosalía de Castro é o fío condutor da exposición de pintura de 25 artistas plásticos galegos.

Para configurar esta exposición, os vinte e cinco artistas galegos trataron de captar as sensacións que se desprenden de tres poemarios de Rosalía de Castro: Follas novas, Cantares gallegos e En las orillas del Sar, as súas obras de referencia na literatura galega. Esta será a primeira vez que a obra de Rosalía se plasme en lenzos, e será posible grazas ás achegas de artistas como Xaquín Marín, Miguelanxo Prado, Suso Cubeiro, María Fe Quesada ou Kiko da Silva.

A exposición que crea unha simbiose entre verso e imaxe permanecerá aberta, até o próximo 30 marzo no Centro Cultural en Ponteceso.

Actos polo día da Muller Traballadora

A Concellaría de Cultura do Concello de Ponteceso organiza un acto significativo de recollida de pegadas de mans a favor dos dereitos da muller traballadora. "Deixa a túa pegada e brinda cun chocolate quente polos dereitos da muller traballadora”, é o lema do acto.

A cita será este xoves 8 de marzo na Praza do Relleno de 11:00 a 13:00h (se fai mal tempo estaremos no Centro Cultural).

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Ponteceso.

Comentarios