Rosalía sempre vive en Ponteceso
08:15 19/03/14
Cada pouco tempo a boa de Rosalía ten a ben pasarse por Ponteceso. I é que na Biblioteca Municipal de Ponteceso lle teñen moito aprezo e cando pode, pasa por aquí. Estes días, déixase ver na exposición itinerante "Rosalía sempre viva. Viva Rosalía", que xa pode verse na Biblioteca de 09.00h a 14.00h e de 17:00 a 20:00 ata o 25 de abril.
A exposición articúlase en cinco caixas de luz compostas de vinte paneis, nos que se fai unha explicación clara e sintética dos eventos biográficos e literarios fundamentais de Rosalía.
Desde a Fundación Manuel María de Estudos Galegos. elaboraron a exposición para contribuiren á celebración do 125 aniversario da grande escritora galega.
Novas relacionadas
- Muxía e Carballo celebran por todo o alto o Día de Rosalía.
- Miro Villar fálalles aos nenos de Rosalía no seu novo libro.
- Rosalía de Castro celebrou o seu 175 aniversario en Ponteceso e Muxía.