A tomenta perfecta sobre o Monte Salgueiras
Non desiste. Carlos Penedo Casmartiño, membro da Plataforma pola defensa do Monte As Salgueiras e asinante do “Aldeas con horizonte”, volve lanzar o seu dardo contra a invasión eólica.
A tormenta perfecta
Unha empresa eólica, Norvento S. L., en busca de ventos rendibles e un goberno da Xunta con normativas obsoletas e anti democráticas, sitúanos ante a tormenta perfecta. Refírome á concesión por parte do goberno da Xunta do parque eólico Salgueiras á empresa eólica Norvento S.L..
O Monte As Salgueiras está nunha área especialmente desexada polas eléctricas: O vento é persistente e consistente.
O concello de Ponteceso ten zonas do seu territorio no litoral, onde o vento zoa con intensidade. Dada a súa paisaxe, vexetación e surtido número de aves, son zonas de máxima protección ambiental, todas elas integradas en Rede Natura. O Monte As Salgueiras está dentro desta zona de protección. Hai que engadirlle ademais un legado paisaxistico e cultural impresionante.
O parque eólico Salgueiras linda co Monte Branco, o esteiro do Anllons, a praia de Balarés, as Brañas de Gondomil, estamos a falar de Rede Natura. Na tramitación do expediente tiña que ter realizado unha avaliación sobre as repercusións sobre a Rede Natura e non se realizou. Por iso como denunciamos varias entidades, o parque eólico Salgueiras é ilegal, si ilegal.
O parque eólico Salgueiras afecta aos Cantís do Canteiro, un espazo de interese paisaxístico, protexido no POL (Plan de Ordenación do Litoral). Ademais comtempla a protección de vexetación de ladeira, outra vez, Rede Natura.
O parque eólico Salgueiras desde a parte Norte da poligonal ata o Sur da mesma, linda cos límites definidos para o LIC da Costa da Morte.
Nesta área desemboca ademáis o río Anllóns, tamén clasificado como LIC.
A calidade ambiental, así por encima, é máis que notable.
Un modelo eólico caduco, obsoleto que non contempla as directrices da paisaxe nin a lei de Patrimonio Cultural, quere instalar un parque eólico nun territorio protexido ambientalmente.
- Carlos Penedo Casmartiño, membro da Plataforma pola defensa do Monte As Salgueiras.
Novas sobre os eólicos
- PE Banzas: O bosque de Santa Locaia, tamén ameazado polos eólicos de Banzas.
- 6 razóns do expolio eólico: "Nunca Máis ao Plan Sectorial Eólico de Galicia”.
- PE Maragouto: Os Quijotes e Petón do Lobo piden que os eólicos non afecten aos humidais de montaña.
- PPEE Alto da Croa, Alto da Croa II e Monte Tourado: Denuncian a posible corrupción trala fragmentación fraudulenta dos parques eólicos de Vimianzo e Dumbría.
- G3 Corme: A desfeita das obras do parque eólico G3 de Corme, en imaxes.
- Familias afectadas por 6 proxectos de parques eólicos: “Róubannos a nosa Paisaxe”.
- PE Salgueiras: O BNG ratifica o seu rexeitamento ao parque eólico no Monte das Salgueiras.
- PE Salgueiras: “O parque eólico Salgueiras é ilegal que cada representante político e social asuma súas responsabilidades”.
- PE Salgueiras: Esixen a modificación do proxecto eólico das Salgueiras polo impacto visual e a aparición de novos elementos patrimoniais
- “Aldeas con horizonte”: Manifesto por unha moratoria a novos parques eólicos.
- PE Cerqueiral: O Cerqueiral, outra ameaza para a nosa paisaxe.
- Greenalia, que promove 7 parques eólicos na comarca, fai unha doazón de material escolar.
- PE Mouriños: A desfeita das obras do parque eólico de Mouriños na Serra de Gontón, en imaxes.
- PPEE Bustelo, Campelo e Toural: Santa Comba vestiuse de negro contra o “megaparque” eólico de Bustelo, Campelo e Toural.
- Regoelle, a tea de araña dos eólicos da Costa da Morte.