Un Cocido Day para falar das redes sociais en Ponteceso

12:51 25/02/16

O sábado 27 se celebra a III edición do Día Internacional do Cocido, que reunirá en torno a mesas repartidas por toda a xeografía galega e nas principais cidades de España e tamén máis aló das nosas fronteiras, en Londres, por exemplo.
Este ano este evento gastronómico-social tamén se celebra na Costa da Morte: en Ponteceso, no Restaurante A Pesqueira, onde Fátima Rodríguez, xerente da empresa tecnolóxica Deindo Ideas, convocou coa colaboración de Imaxen Peluquerías, a Fundación Eduardo Pondal e o Concello de Ponteceso á celebración deste evento.
Ao rematar a comida se celebrará unha pequena mesa redonda onde as seguintes persoas contarán as súas experiencias na xestión de redes sociais como ferramentas para os seus proxectos:
- Isabel García Cousillas, empresaria e estilista do centro de belleza IMAXEN PELUQUERIAS , que ven de recibir o distintivo TheQhair á calidade no seu sector.
- Tania Carreira Rial, que é diplomada en Turismo, traballa como Técnico de Turismo no Faro Vilán - Camariñas e a maiores é a fundadora de Costa da Morte - Galicia.
- Ana García, que é fotógrafa profesional e parte de La Voz de Galicia (Ana García Fotógrafa). A maiores agora tamén está ao fronte de Dime Sí Quiero, una empresa moza adicada á organización de eventos, e tamén moi presente nas redes sociais.
- Adrián Varela que é o organizador do Festival Con V de Valarés, e nos falará de como as redes sociais axudaron a medrar ao Festival.
- Elibel Lago Trillo, que é unha Trasna de primeira fila e nos falará sobre a importancia que tiveron as redes sociais na difusión e potenciación do O Camiño dos Faros: Senderismo Costa da Morte.