Sábado. 23.09.2023
El tiempo

Unha documental de percebes e boulder

Unha documental de percebes e boulder

Xa temos visto fermosos vídeos sobre os percebeiros da Costa da Morte. Temos descuberto tamén como as gastan os amantes do Boulder escadando pola natureza salvaxe da zona. Pero polo de pronto non mesturáramos dous ingredientes tan salgados nunha mesma proposta audiovisual.

Esta semana facémolo gracias á espectacular a documental que o director compostelán Pablo Ces vén de realizar sobre o gran Benito Santos, máis coñecido como Bendecorme. Escalador de boulder e percebeiro profesional, dúas auténticas artes de risco recollidas na documental O Eslabón Perdido.

Precisamente Pablo e Benito veñen de presentala documental, en sociedade, no marco do evento TENDA desenvolto en ExpoCoruña. Proxectáronse 15 minutos do filme e todos os asistentes quedaron con gañas de máis, de moito máis.
Poderemos ver máis na estrea que se vai realizar en Corme, seguramente a principios de novembro, cando ademais se porá á venda o dvd. Estaremos atentos!

Pablo Ces e BendeCorme na mostra Tenda da Coruna

Nós deixámosvos co teaser e un par de pezas sobre a escalada boulder pola Costa da Morte deste bravo cormelán.

Teaser "El eslabón perdido" from Pablo Ces on Vimeo.


BEN de CORME - Vuelo Rasante, 8b from Pablo Ces on Vimeo.


BEN de CORME - "El herrero" from Pablo Ces on Vimeo.



Novas relacioandas

Fonte

Bendecorme por Pablo Ces

Comentarios