Unha estrea de altura
Por fin. Xa temos data para a presentación da documental O Eslabón Perdido: o vindeiro sábado 8 de novembro no Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte con sé en Corme.
I é que xa tiñamos moitas gañas de velo, de disfrutar desta produción audiovisual que mestura dúas profesións arriscadas (a de percebeiro e a de recolector de miñoca) cunha paixón (a de escalador de boulder). Todo, cun fermoso pano de fondo: as fermosas paisaxes da Costa da Morte.
Estes son os elementos que conforman o documental que o director compostelán Pablo Ces vén de realizar sobre o gran Benito Santos, máis coñecido comoBendecorme, unha das referencias do boulder en Galicia, unha modalidade de escalada que se realiza en penedos de 4-5m, sin máis axuda que a propia forza do escalador. Unha modalidade en claro auxe.
Benito vive en Corme, onde as augas do Atlántico atacan con forza o litoral. Alí pasa unhas tres horas ao día na auga, dedicado á súa tarefa de buceador recolector e de percebeiro. Cando remata, dedica todo o tempo que pode á súa actividade favorita: escalada. Traballo e deporte, dúas constantes na vida deste cormelán que non só escala senón que busca novos penedos, prepáraos, imaxínaos –como ben narra no documental–, sempre cun afán de superación… Unha boa mensaxe para a xuventude.
”O eslabón perdido” é o nome dunha liña de boulder que Bendecorme leva anos probando: “a liña da miña vida”. Un boulder dunha dureza incrible que ninguén conseguiu encadenar aínda.
Deste xeito, a documental xira en torno á motivación de Benito por encadear a citada liña e outras que vai atopando. Durante este proceso, coñeceremos cómo é a súa vida, o seu traballo, o seu entorno… e sobre todo a súa actividade como escalador.
Nós deixámosvos co teaser e un par de pezas sobre a escalada boulder pola Costa da Morte deste bravo cormelán.
Teaser "El eslabón perdido" from Pablo Ces on Vimeo.
BEN de CORME - Vuelo Rasante, 8b from Pablo Ces on Vimeo.
BEN de CORME - "El herrero" from Pablo Ces on Vimeo.
Novas relacionadas
- Unha documental de percebes e boulder.
- O apagón do Torreiro, de Pablo Cés.
- Boulder: Escalando as rochas da Costa da Morte.
- A bitácora da semana (LXXV): Escalada fanática.
- Percebeir@s a ritmo do mar.
- Unha homenaxe, en vídeo, á figura de percebeiro.
- Emoción e vida nun ateigado Naufraxio de Laxe.
- Unha tarde cos percebeiros de Laxe.
- Unha vida no mar de Laxe.
- Soñando o Mar de Laxe completa a triloxía sobre a vida mariñeira na vila bergantiñá.
- Os soños do Mar de Laxe.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).