Martes. 15.10.2024
El tiempo

A Vía Céltica preséntase este sábado en Corme

mapa da Via Celtica
Mapa da Via Celtica
A Vía Céltica preséntase este sábado en Corme

O vindeiro sábado ás 20.00h, o Museo de Arte Contemporánea, en Corme, acolle a presentación da Vía Céltica, os camiños de Santiago dende os portos de Bergantiños e a Costa da Morte. 

No evento intenvedrán Suso Lista (que nos ten falado en QPC da Vía Stella) e o historiador Joam Evans así como as pandereteiras do Roncudo que serán as encargadas de amenizar o encontro. 



Igrexa de anllóns
Igrexa de Anllóns

Cómpre sinalar que o Camiño de Santiago Vía Céltica, dende os portos de Bergantiños e Costa da Morte, conta xa coa aprobación e a Compostela Oficial. Trátase dunha iniciativa que parte da xalleira Asociación Costavales que poder chegar a ser moi importante para o desenvolvemento turístico e económico e para poñer en valor a historia e o rico patrimonio arquitectónico da comarca bergantiñá.


Despois do acto haberá unha gran degustación de castañas asadas na praza dos voluntarios de Corme. 



Novas relacionadas

Artigos relacionados

Comentarios