Vimianzo e Ponteceso apostan pola Conciliación na Semana Santa

08:34 07/04/14
Chega a Semana Santa e un dos problemas máis habituais chegan á hora de conciliar a vida laboral coa familiar, unha vez que os cativos collen vacacións. Os Concellos de Ponteceso e Vimianzo sacan propostas para que eses días sexan máis levadeiros.
Concilia en Ponteceso

O programa Concilia na Semana Santa do Concello de Ponteceso, propón diferentes actividades gratuítas destinadas a nen@s de 4 a 12 anos. Os días 14, 15 e 16 de abril, o Edificio das Escolas acollerá aos pequenos que se anoten de 10:00h a 13:00h.
As inscricións poden facerse no Departamento de Educación Familiar (preguntar por Loli).
Concilia en Vimianzo
O Concello de Vimianzo prepara talleres de pascua para os peques os días 14, 15 e 16, e tamén unha sesión de contacontos.
Fonte
- Concellos de Vimianzo e Ponteceso.