domingo. 11.05.2025
El tiempo

Volve a cita cabalar do ano en Ponteceso

Volve a cita cabalar do ano en Ponteceso
Esta pasada fin de semana veu de pecharse a programación para a vindeira Feira-Exposición - Paseo do Cabalo que terá lugar o 20 de xullo na vila de Ponteceso. O Campo do Pinguel (Ponteceso), acollerá a vixésimo primeira edición deste evento nun domingo cheo de actividade. A feira abrirase ás dez da mañá, e haberá unha exposición de exemplares das diferentes razas de cabalos. Do Campo do Pinguel sairán os participantes a un paseo guiado polo pobo. Entre as actividades que máis expectativas crean están a monta de cabalos para nenos e a demostración de habilidades á vaqueira, que poñerá a adrenalina a esta xornada. Durante o día haberá un concurso de barriles e outro de velocidade, e o plato forte chegará as sete da tarde co sorteo dunha egua. Os visitantes que acudan á feira poderán comprar un ticket para comer na gran carpa que se acondicionará a tal fin, unha comida que será gratuíta para os socios da Asociación Cría Cabalar de Ponteceso.

Comentarios