Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Xornes celebra unha Inmaculada coas mellores orquestras do país

Xornes celebra unha Inmaculada coas mellores orquestras do país
A parroquia pontecesá de Xornes celebra esta fin de semana unha macrofesta pola Inmaculada. Pensan en todo en Xornes e o campo estara cuberto cunha gran carpa ademais de contaren cun amplio aparcamento. A ponte será tremenda na vila e comezará o luns 6 de decembro coa Panorama e a Aché. Para o martes 7 toca nada menos que cita doble coa Olympus e a París de Noia. A Festa non parará ata o mércores 8, cando a orquestra Nebraska poña o punto e final a esta megafesta.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios