Xosé Luis Rivas, Mini, visita Ponteceso para coñecer o estado da ponte da Garga
03:08 31/01/17
A ponte da Garga quedou visiblemente deteriorada tras as inundacions do pasado inverno. Imaxe de arquivo
O deputado do BNG no Parlamento de Galicia, Xosé Luís Rivas Cruz "Mini", viaxará mañá ata Ponteceso co fin de manter unha reunión coas forzas políticas que compoñen o goberno que será ás 17 horas.
Mini desprazase para coñecer a situación actual das xestións realizadas ante a administración para arranxar a ponte da Garga, danada no temporal de choiva e vento do ano pasado.
Segundo indica o concelleiro de Patrimonio e portavoz do BNG no concello de Ponteceso - Carlos Penedo -, "actualmente estase loitando para conseguir da Xunta os 77.000€ precisos para levar a cabo as obras e que de momento son denegados".
Novas relacionadas
- 25-08-16: O PP de Ponteceso esixe o inmediato arranxo da Ponte da Garga en Anllóns
- 29-06-16: Ponteceso busca compromiso para reparar a ponte da Garga
- 03-06-16: A comisión apolítica de veciños afectados polas inundacións de Ponteceso esixen axudas no Parlamento
- 06-04-16: Unha comisión de afectados intermedia na solución das inundacións en Ponteceso.
- 08-01-16: O primeiro temporal de 2016 en imaxes.
- Redacción QPC ([email protected])