Martes. 05.11.2024
El tiempo

A Xunta entrega a senda entre Xornes e a Igrexa de San Xoán

  • A Xunta volveu anunciar a nova senda neste concello a do Couto, prometida dende hai máis de 4 anos.
Comitiva do PP na senda
Comitiva do PP na senda
A Xunta entrega a senda entre Xornes e a Igrexa de San Xoán

Visita institucional, formada por unha completa comitida do PP, para anunciar o remate das obras da senda peonil que une Xornes coa Igrexa de SAn Xoán.

As obras consistiron na construción dun novo itinerario de uso compartido peonil e ciclista pola marxe dereita da AC-421, que permite os desprazamentos máis cómodos e seguros desde o núcleo de Xornes ata a igrexa de San Xoán. Esta senda enlaza coa senda xa executada en Xornes-Buño-Canta la Rana.
A obra supuxo un investimento autonómico de 446.000 euros.

 

Trenor aproveitou e recordou que a Xunta vai afrontar medio quilómetro de senda no Couto, por ambas as marxes da estrada autonómica que vai a Corme, a AC-424. Non fixou datas dunha senda anunciada hai xa 4 anos, e pola que xa ten preguntado en varias ocasións o Concello.

Comentarios