A Xunta vai recorrer ante o Supremo a sentenza do TSXG que anulou a autorización da repotenciación do parque eólico de Corme
Onte pasou polo Pleno do Parlamento a sentenza do TSXG que anula a autorización da Xunta das obras de repotenciación do parque eólico de Corme, executadas durante o confinamento. A oposición puxo unha interpelación á que o vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, respondeu con rotundide, sinalando que a Xunta vai recorrer ante o Supremo a devandita sentenza, a pesar de que deixa claro que a política eólica da Xunta vai en contra contra as directrices europeas.
Porén, Conde sinala que “Galicia conta cun modelo eólico garantista para o desenvolvemento deste sector”, e non recúa sobre a necesidade de dar máis información, e prazo, á veciñanza, como sinala a propia sentencia.
Incide en que “a Xunta só vai autorizar aquelas iniciativas que conten con todos os informes sectoriais favorables”, obviando que son eles mesmos os que publican eses informes, e mesmo chega a recoñece que a Lei galega do sector eólico impide a construción de parques en Rede Natura e fóra das áreas do Plan sectorial eólico.
E apelou á moratoria de ano e medio que está mantendo para tramitar os 275 expedientes que hai agora sobre a mesa, e cunha nova limitación na distancia dos aeroxeradores para os novos proxectos, pasando de 500 metros a 5 veces a altura do aeroxerador.
Novas relacionadas
- Xaneiro 22: BNG e ANOVA piden responsabilidades á Xunta ante a sentenza do TSXG que anula a autorización do P.E. do Roncudo.
- Xaneiro 21: O TSXG anula a autorización da Xunta das obras de repotenciación do parque eólico de Corme, executadas durante o confinamento.
- Decembro 2020: A desfeita das obras do parque eólico G3 de Corme, en imaxes.
- Decembro 2020: O BNG tamén leva ao Parlamento a polémico repotenciación do Parque Eólico de Corme.
- Setembro 2020: “Queren expropiar fincas que xa levan meses ocupadas polo novo parque eólico de Corme”.
- Abril 20: A veciñanza presenta alegacións ao Parque Eólico das Salgueiras.
- 31-03-2020: Desmontando o parque eólico de Corme en pleno estado de alarma.
- Novembro 19: "Levamos 19 anos sen saber que un viravento invadira as nosas fincas de Corme”.