Domingo. 15.12.2019
El tiempo

#25N: Heroica marcha “Nunca Camiñarás Soa” para prender a luz da esperanza

Ciclistas e membros do CB Xallas levando o Familia xalleira co facho da esperanza na marcha Nunca Caminaras soa
Ciclistas e membros do CB Xallas levando o Familia xalleira co facho da esperanza na marcha Nunca Caminaras soa
#25N: Heroica marcha “Nunca Camiñarás Soa” para prender a luz da esperanza

Verdadeiramente heroica foi a celebración do Día Internacional contra a violencia de xénero que protagnizaron máis de 200 persoas dos concellos Santa Comba, Val do Dubra, A Baña, Negreira e Mazaricos. A simbólica iniciativa do Concello xalleiro de unir os 5 territorios nunha marcha solidaria “Nunca Camiñarás Soa”., coma se fose unha marcha olímpica, levando, a relevos, o facho da esperanza cal antorcha olímpica, dá conta de todo o que podemos chegar a facer para loitar contra esta enfermidade social. Ademais, as crúas condicións meteorolóxicas non serviron máis que para simbolizar o difícil que ten a muller, e toda a sociedade, para gañar esta batalla.

Unha xornada completa, na que cómpre poñer en valor o traballo de todos os traballadores municipais, Protección Civil, e efectivos de seguridade para que todo saíse á perfección.

A xornada empezaba ás 7:00h na Casa da Cultura o Concello de Santa Comba, onde as concelleiras de Deportes e Servizos Sociais abrían as relevistas levando o ata Malvárez, en Val do Dubra. Alí, os Trotasendsa, os Correxalls, o Club Ciclista Santa Comba e as traballadoras do CIM de Santa Comba trasladaron ata Val do Dubra, onde o alcalde e  moitos veciños tomaron o relevo e recibiron á expedición xalleira cun chocolate quentiño.

Diante do Concello Val do Dubra leuse o manifesto. Dende Val do Dubra, en moto, en bici e correndo, a antorcha foi chegando ata a praza do Concello da Baña, onde se volveu ler o manifesto, e se prendeu a luz da esperanza. Ata Negreira chegou da man de varios atletas. Dende alí, ata As Maroñas, polos montes da zona. Ciclistas e camiñantes da Asociación de Mulleres Rrurais de Alvite superaron un bravo temporal para Ás Maroñas onde os recibiriu Concelleira Sandra Alvite.

Marcha Nunca Caminaras soa

Marcha Nunca Caminaras Soa co facho da esperanza polo 25N en Santa Comba

Máis heroica aínda foi a escalada para levar ao alto do Aro ata o máis alto do Concello de Mazaricos. Na Picota, varios deportistas como Rocío Alvite, Terasa Castro e Julio Muñoz levaron o lume da esperanza ata San Cosme de Antes, que lla devolveron cercanas ás 19:00h ás familias xalleiras. Alí había centos de persoas voluntarias para levar a antocha, e se foron turnando as mulleres da Asociación Muíños da Pereira, o grupo do Volei Santa Comba, á Asociación Deportiva INAE (de Taewkwondo), ao Club Balonmán Xallas, ás traballaradoras da Gardería Municipal de Santa Comba; os Correxallas, a AC. Axio Mouro, e a Asociación Mulleres Rurais do Xallas; os empresarios de Santa Comba, para que David Barbeira e Jessica Antelo, en nome do grupo municipal, fixeron o último relevo ata a carpa, onde se leu o manifesto Nunca Camiñarás soa.

Tanmén se soltaron 5 globos blancos en conmemoración das 51 vítimas que levamos neste 2019.

Prendido da luz da esperanza na carpa do Concello de Santa Comba
O alcalde xalleiro David Barbeira no prendido da luz da esperanza na carpa do Concello de Santa Comba

MANIFESTO “MARCHA NUNCA CAMIÑARÁS SOA- 25N”

“A violencia de xénero non é un problema que afecte ao ámbito privado. Pola contra, maniféstase como o símbolo máis brutal da desigualdade existente na nosa sociedade. Trátase dunha violencia que se dirixe ás mulleres polo feito mesmo de selo, por ser consideradas, polos seus agresores, carentes dos dereitos mínimos de liberdade, respecto e capacidade de decisión...”

O Concello de (Santa Comba), xunto a outros cento vintecinco concellos, milleiros de establecementos, empresas e colectivos que están a tinguir Galicia, unímonos a esta acción social contra as violencias machistas para manifestar a máis absoluta repulsa ante todo tipo de violencias contra as mulleres, e de xeito máis enérxico, a súa consecuencia máis extrema, os asasinatos.

Este ano –segundo datos oficiais– foron asasinadas 51 mulleres en España, sen contar as mortes ‘colaterais’, asasinadas por estar ao lado da vítima, por ser irmá, filla ou nai. No caso de Galicia o contador suma xa cinco. Cinco mulleres foron asasinadas a mans de homes dos que pretendían afastarse: Maria José, Sandra, Alba y María Elena en Valga e Mari Carmen en Vilalba. A rabia e o desconsolo fainos seguir avanzando nesta andaina, e empúrranos a vestir de negro como símbolo de loito, pero tamén de loita.

Sabemos que a morte é a última e máis extrema das violencias machistas, pero que son moitas máis e de moi diferentes formas as violencias que rodean e perseguen ás mulleres. Nos últimos meses atopámonos coa dobre agresión que sofren as mulleres vítimas de violacións en grupo e de sentenzas que subestiman a situación de indefensión ante os agresores. Para afrontar todas estas violencias, é preciso recoñecer as graves fendas de xénero existentes no ámbito social, económico, cultural; compre atallar as causas estruturais e sociais que sustentan estas desigualdades a través de políticas reais para a promoción da igualdade e a prevención das violencias, contemplar recursos humanos e económicos para o seu correcto desenvolvemento, no ámbito da educación, da xustiza, dos coidados... por iso, este ano, queremos precisamente incidir na prevención, facendo o chamamento de CONTRA AS VIOLENCIAS, EDUCACIÓN!

 Familia xalleira co facho da esperanza na marcha Nunca Caminaras soa

Novas relacionadas

Comentarios