#8M: Unha 8M de documental en Santa Comba

07:34 03/03/23
O Día Internacional da Muller no Concello de Santa Comba neste 2023 ten varios fitos. O martes 7 de marzo, o edificio multiusos acolle a estrea do documental “Santa Comba combatindo a desigualdade. Emprender en feminino”, cunha marea de historias das bravas xalleiras.
O acto o mesmo día 8, será para colocar o lazo na Casa do Concello do Pacto de Estado contra a Violencia de Xenero.
Xa o día 11 haberá dous obradoiros de autodefensa.
Andaina
O Concello de Santa Comba artella a VI Andaina pola Igualdade Terra do Xallas co gallo do 8M. A cita será o domingo 12 de marzo, partido da Praza do Concello ás 10:00h.
Poden inscribirse na Vivenda Comunitaria ou no 981 10 43 09.
Novas do 8M
- Carnota: 8M: As mulleres de Sonlilá homenaxean a Marupe cunha cadea de mulleres.
- #8M: Buserana conversa sobre a vida real das mulleres
- 8M Carballo: "Na nosa contorna máis inmediata hai mulleres que son referentes nas súas profesións” (entradas esgotadas)
- 01-02-2023: Carnota chora o pasamento de Marupe.
- 8M 2022: Unha cadea humana sobre a praia de Carnota para simbolizar a forza das mulleres.