Venres. 19.04.2024
El tiempo

A xalleira Isabel Silvariño, Goya de Fotografía por un traballo documental sobre unha parroquia zaseira

A xalleira Isabel Silvariño, Goya de Fotografía por un traballo documental sobre unha parroquia zaseira

Gala dos Goya nos que foi premiada Isabel Antelo Silvariño-Fonte- Fabián Ben no GC Gala dos Goya nos que foi premiada Isabel Antelo Silvariño-Fonte- Fabián Ben no GC Ademais da alegría do Goya de Luís Zahera como Mellor Actor de Reparto, a fin de semana deixounos outra alegría. Os Premios Goya de Fotografía e Vídeo Profesional, convocados pola Asociación de Fotógrafos Profesionales de Aragón (AFPA), deixaban un premio en Santa Comba. Isabel Antelo Silvariño recibía un dos premios por un gráfico-documental sobre a parroquia de San Adrián de Castro, no concello de Zas. Hai dous anos competira cunha nominación á súa foto sobre o fogueteiro nas festas dos Milagres de Santa Catarina. Isabel desenvolve o seu traballo profesional no estudo de fotografía familiar Foto Silvariño. Hai  pouco que tamén obtivera o nomeamento de "fotógrafa distinguida internacional". Este galardón fóralle concedido pola federación portuguesa de imaxe APPimagem. Ademais da súa tarefa como fotógrafa, tamén ten realizado obradoiros con outras mulleres fotógrafas para explicar aos máis novos como desenvolven o seu labor.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/marcos-rodriguez-revalida-o-titulo-de-fotografo-europeo-do-ano/

Fonte

Comentarios