Alertan do perigo dunha hipótetica rotura da balsa mineira de Varilongo

Apenas uns días despois de que a Xunta denegase o permiso de vertedura á mineira, o grupo de Ecoloxistas en Acción vén de alertar do perigo dunha posible rotura das balsas mineiras de Varilongo, por atoparse sobre o cauce e a zona de policía dos regos de Casas Vellas e a Braña Ancha.

Segundo o informe técnico unha das balsas ocuparía na súa meirande parte o terreo do humidal denominado Braña da Useira. Unha rotura desta, ou unha mala xestión, produciría danos irreparables para os cauces do Rego da Casa Vella (actualmente debaixo de balsas) e para o Rego da Braña Ancha, co conseguinte dano ambiental para o humidal da Braña Ancha.

Por iso piden de urxencia drenar a auga das balsas de enriba dos cauces e determinar o réxime dos danos producidos ao medio, aos recursos hídricos e aos humedais da Uceira e da Braña Ancha, recuperandoa así o Rego da Casa Vella e o Rego da Braña Ancha para garaantir o equilibrio hídrico do humidal.
Así mesmo, instan máis dilixencia á Xunta para inscribir estes humedais no Inventario de Humedais.

Novas relacionadas