”É totalmente falso que Euro Battery poida explotar níquel, cobre e cobalto na Braña de Castriz”
Rotundo, como xa estivo no seu día coa invasión eólica, amósase o alcalde de Santa Comba, David Barbeira, ante a nova ameaza das exploracións mineiras na zona de Castriz. Hai 15 días que tanto o Concello como varias Asociacións preguntaban sobre a legalidade das catas mineiras do “proxecto Corcel” en Castriz. Esta fin de semana a compañía sueca Euro Battery Minerals AB afirmaba que “podía iniciar con carácter inmediato a actividade mineira en Castriz”.
E hoxe, despois de manter unha Xefe Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Innovación, Isidoro Martínez Arca, o alcalde asegura que “é totalmente falso que a empresa Eurobattery AB poida explotar níquel, cobalto e Cobre na Braña da Serra de Castriz”.
Unha zona, ademais, de gran riqueza ambiental, para a que as asociacións da zona piden unha calificación de protección.
De feito, o Concello ten interese en loitar contra estas prácticas ocultistas, pois leva tempo intentando explicar que si hai outros proxectos, sostibles e transparentes, na comarca, como a volta á busca do wolfram na mina de Varilongo, dende a ampliación de capital de Galicia Tin & Tungsten, S.L, a través da multinacional australiana Rafaela Resources.
De feito, o Concello quere ratificar o “potencial xeolóxico e mineral milenario destas terras”,e confirma que apoiará actuacións trasparentes e sostibles que convivan coa realidade social e natural de Galicia.
NOVAS SOBRE A MINARÍA
- Piden a blindaxe das Brañas de Castriz antes de que o proxecto mineiro ameace as súas especies.
- 05-10-2020: Concello e Asociacións preguntan sobre as posibles catas mineiras “ilegais” do “proxecto Corcel” en Castriz.
- Abril 2020: Corcoesto: Outra batalla xudicial vencida pola cidadanía.
- Xullo 2019: Santa Comba creará un Museo da Minaría.
- Piden á Xunta a restauración integral da explotación mineira do Monte Neme.
- Decembro 2018: Caolines de Vimianzo levanta a veda mineira na comarca de Bergantiños.
- Xaneiro 2017: Piden no Parlamento Europeo a cancelación defintiva do proxecto mineiro das 7 Julias.
- 2016: As minas de Barilongo de Santa Comba, un escenario de película.