Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Xunta inicia o proceso de caducidade das concesións mineiras de Varilongo

O edificio principal da Mina de Varilongo acollera un Museo
O edificio principal da Mina de Varilongo
A Xunta inicia o proceso de caducidade das concesións mineiras de Varilongo

Así asegura Ecoloxistas en Acción, unha das entidades que levan solicitando esta caducidade dende ai tempo. A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais ven de iniciar o procedemento para declarar a caducidade das concesións que conforman o Grupo Mineiro Santa Comba.

Trátase de 15 concesións, a maioría outorgadas durante a Segunda Guerra Mundial para permitir a explotación de volframio por unha empresa controlada pola Alemaña nazi. A explotación da mina paralizouse en 1986, fai case 40 anos. Aínda que entre 1986 e 1988 se formalizaron autorizacións de suspensión temporal de labores, a actividade nunca se reiniciou.

Logo de varios accidentes graves polos numerosos pozos e chemineas, en 2007 a entón concesionaria presentou un plan de peche e abandono, cun orzamento de 874.000 euros, pero que a Xunta nunca chegou a aprobar, mantendo vivas as concesións ilegalmente. En 2011 mesmo se aprobou un novo proxecto de explotación subterránea, sen someterse a evaluación de impacto ambiental e sen contar con autorización de vertido.

Transcorrida máis dunha década, aquel proxecto nunca chegou a executarse e, agora, Galicia Tin and Tungsten, empresa pantalla controlada pola australiana Pivotal Metals e a sociedade opaca Starboard Global, pretenden tramitar unha nova macromina a ceo aberto de estaño e volframio en Varilongo. En paralelo, a empresa sueca EuroBattery Minerals entregou o proxecto para abrir outra mina a ceo aberto, mas nese caso de níquel e cobre, sobre a Braña da Serra, situada entre Castriz e Salgueiras, nas nacentes do río Xallas. A localización deste outro proxecto tamén está sobre as concesións que a Xunta iniciou o procedemento de caducidade.
 

Comentarios