A Xunta anula a solicitude de vertido á mineira que intenta operar en Varilongo

A Xunta de Galicia está farta dos incumprimentos de Galicia Tin & Tungsten, S.L. Así se demostra co feito de que xa está estudando a caducidade do permiso de explotación da mina de Varilongo, e así queda claro coa última resolución. Augas de Galicia, que non se fía das promesas da actividade da empresa, vén de denegar a autorización de vertido de augas residucias da mina de wolframio e estaño no concello xalleiro.
A empresa presentara aínda o 26 de marzo do 2021, a solicitude de autorización de vertido para a explotación, pero “a falta de atención dos requirimentos de documentación necesaria motivan a resolución de Augas de Galicia de arquivar o expediente de autorización de vertido da explotación mineira”. A Xunta ordeou ademais a inspección das instalacións aos efectos de constatar a ausencia de vertidos ao medio para, no seu caso, adoptar as medidas sancionadoras que correspondan.
Dende Santa Comba consideran que é unha boa nova para a vila, se ben son conscientes dos problemas que está xerando esta “empresa escura”, que incide “na especulación e engano” para intentar conseguir financiamento para arrincar unha explotación case que “ficticia”, como a propia solicitude de permiso de vertedura.
O ditamen demostra que “Varilongo, que podería ser un punto neurálxico da minería de metales estratéxicos de Galicia, desgraciadamente non conta cuns dirixentes acordes coa modernidade e non cumpren cos requerimentos de solicitude para regularizar a súa situación, polo que se considera normal que non se lle permita ningún tipo de actividade, nin esta solicitude de vertido”, explican fontes cercanas.
Vese así como un paso para liberarse desta empresa caduca, para intentar que Santa Comba poida chegar a ter unha actividade extractiva e dinamizadora da súa economía.
Novas relacionadas
- Novembro 22: A Xunta inicia o proceso de caducidade das concesións mineiras de Varilongo.
- Novembro 22: Esixen a Xunta que cancele as concesións da mina de Varilongo .
- Novembro 22: A mineira de Varilongo: Diferente nome pero mesma estratexia.
- Abril 22: A mineira Rafaella Resources denuncia á Comunidade de Montes de Grixoa de Esternande pola plantación masiva de carballos nunha parcela da mina.
- Marzo 22: O Concello bota de Santa Comba á empresa mineira australiana Rafaella Resources
- Marzo 22: A veciñanza de Grixoa de Esternande converte un espazo da mina de Varilongo na Carballeira das Casas Vellas .
- Marzo 21: Colectivos ecoloxistas denuncian que as augas da mina de Varilongo levan metais pesados
- Outubro 20: ”É totalmente falso que Euro Battery poida explotar níquel, cobre e cobalto na Braña de Castriz”.