Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A alta calidade xenética provocou prezos altísimos na XXI Poxa de Xovencas de Santa Comba

A alta calidade xenética provocou prezos altísimos na XXI Poxa de Xovencas de Santa Comba

Volveu convertirse Santa Comba no epicentro do sector lácteo galego, coa organización da Semana Gandeira e a XXI Poxa de Xovencas de Raza Frisoa. A satisfacción do Concello de Santa Comba como de Africor é alta dada a gran actividade xerada en toda a fin de semana.

Tanto xentes do sector gandeiro como xentes de hostalería destacaron que houbo moitísima xente na xornada dominical da subasta, un evento que xera un movemento moi valioso, achegando á vila xentes da toda as Terras do Xallas, pero tamén de Ordes, Trazo, a contorna de Santiago…. Máis dun milleiro de persoas pasaron polo Recinto Feiral nunha soa xornada.

A Subasta

A xoia da coroa é a Poxa de Xovencas. Puxéronse a subasta 19 vacas de raza frisoa de altísima calidade xenética (vacas que son fillas e netas de vacas de alto volume produtor, con cifras de 12.000 litros de produción ao ano) segundo os gandeiros, cun volume de negocio que case chega aos 70.000 euros.

A vaca máis cotizada foi unha vaca de Zas, que entrou nunha puxa na que entraron 6 ou 7 poxadores chegando ao prezo 5.100€, pero unha das cantidades máis altas que se recordan por Santa Comba.
Pero é que houbo varias arredor dos 4.500, o que deu unha media altísima de 3.600 euros por venda.

Marcos Costoya, Director técnico de Africor Coruña, é o subastador

 

Os gandeiros destacaron a alta calidade xenética

A sesión completábase con varios expositores de empresas do sector que amosaban os seus produtos, os seus tractores… e mesmo fixeron diferentes sorteos.

 

Visitas escolares

Xa ao longo da Semana, como adoita facer, o Concello tratou de achegar a realidade gandeira ás escolas, e que mellor que as visitas ás explotacións da contorna.

Xornadas técnicas

Interesantes foron tamén as Xornadas Técnicas do sábado, tratando de dar un pouco luz no sector, e compartindo boas experiencias. A mesa redonda modedada por Xoan R. Alvite, con representantes Leite Celta e Queixos TGT, e dous gandeiros novos como Diego García e Fernando Suárez, analizou a situación do sector tras este 2022. Un ano positivo para o sector, con bos prezos para os gandeiros, pero que terán que baixar de cara a este 2023, intentando que non caian aos prezos da crise, nos que non se podían pagar os custes de produción.
A mesa serviu para analizar a viabilidade e o futuro dun aumento da produtividade e da produción, formulando novas melloras como a creación dun leite con máis graxa de proteína, que redundaría no aumento da calidade dos produtos derivados.
O Concello, coa intención de ter sobre a mesa a todas as patas da comercialización, tamén invitou a Lactalis e Nestlé, que declinaron asistir.

Houbo tamén unha charla da Consellería sobre as axudas do novo PAC.

Novas relacionadas

Comentarios