87 explotacións xalleiras beneficiaranse da concentración parcelaria de Freixeiro

07:53 27/02/23
Acollía o multiusos de Santa Comba unha reunión con veciños da parroquia de Freixeiro para presentarlles a nova concentración parcelaria decretada nesta zona. Despois de que a finais de decembro se rematase a complicada operación en Arantón-Santa Sabiña, este 2023 tócalle ao concello xalleiro vivir outra das 7 concentracións parcelarias que ten en marcha a Xunta.
O proceso permitirá reorganizar a estrutura territorial de case 2.050 hectáreas de superficie, beneficiando 706 titulares e cun orzamento previsto de 6,1 millóns de euros. Se cadra a cifra máis importante é que 87 explotacións veranse beneficiadas coa reestruturación do territorio.