Martes. 17.09.2019
El tiempo

Ángel Carracedo analizou a importancia da proba de ADN na resolución de casos xudiciais

Os vogais do CSPX Juan Manuel Fernández, director académico da Escola, e Carmen Llombart, xunto a Ángel Carracedo
Os vogais do CSPX Juan Manuel Fernández, director académico da Escola, e Carmen Llombart, xunto a Ángel Carracedo
Ángel Carracedo analizou a importancia da proba de ADN na resolución de casos xudiciais

Continúa o catedrático de Medicina Legal do Instituto de Ciencias Forenses da Universidade de Santiago de Compostela Ángel Carracedo espallando a súa sabedoría. Desta volta, ao xalleiro tocoulle falar en clave de xustiza, no marco da XXII edición da Escola de Verán do Poder Xudicial.

O experto, referente internacional en xenética, abordou a importancia das probas de ADN na solución dalgúns procesos xudiciais. Entre as probas “máis importantes” á hora de axudar a resolver determinados casos enumerou as análises de vestixios biolóxicos que aparecen na escena do crime ou na vítima, as probas de parentesco, as bases de datos de ADN con fins de identificación criminal e os casos de identificación en restos deteriorados ou fragmentados.

“Nos últimos anos a posibilidade de obter datos do individuo que deixou a mostra, entre eles algunhas características físicas como a cor da pel ou dos ollos, a idade ou a orixe xeográfica dos seus devanceiros, está a engadir novas posibilidades”, destacou o especialista, quen tamén participará nalgunhas das mesas redondas destas segundas xornadas da Escola de Verán, que terminará o 12 de xullo.

A introdución do “concepto de probabilidade”, que permitirá aos membros da carreira xudicial “valorar a proba na súa xusta medida” é, segundo apuntou Carracedo, a “revolución ​máis importante” á que se enfrontan.

Novas relacionadas

Comentarios