A Asociación de Empresarios recolle as propostas de comida a domicilio en Santa Comba
19:17 27/01/21
A Asociación de Empresarios de Santa Comba vén de facer unha colleita dos establecimentos capital xalleira que ofrecen o servizo de comida a domicilio.
Unha necesidade creada polas novas restrición que pode facilitar que a veciñanza consuma algo e axuda a sobrevivir a moi castigada hostalería.Hai un pouco de todo, dende os almorzos do Triskel, pasando polas variantes do Bar Maneiro, a comida tradicional do Restaurante Tío Paco, do Restaurante Cervantes, A Fortaleza, o Hotel Xallas, o Café Bar A Nosa Vila ou o Talladas Gastrobar.
Lembren que o reparto a domicilio pode realizarse ata as 0:00h.