venres. 15.11.2024
El tiempo

A base de helicópteros antiicencios da Xunta seguirá, con melloras, en Santa Comba

Helicoptero en Santa Comba
Visita institucional á base de helicópteros de Lomba
A base de helicópteros antiicencios da Xunta seguirá, con melloras, en Santa Comba

Esta pasada mañá, Concello de Santa Comba e Xunta de Galicia oficializaban a renovación do convenio para que a Lomba siga acollendo a base de helicópteros antiinciendios, no marco do programa Pladiga.

O convenio permite ademais, tralo investimento de medio millón de euros, a construción dun novo edificio que consta de catro partes diferenciadas: espazo para brigadas helitransportadas, sala de instalacións, aloxamento para tripulacións e emisora da base. Ademais construíronse dous novos aparcadoiros para helicópteros, que permite que varioshelicópteros poidan estacionar simultaneamente sobre placa de formigón.

A base é utilizada por un total 20 persoas distribuídas en dúas brigadas de 10, con quendas alternas de maneira que cada día hai unha operativa.

Comentarios