Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Cachibol xalleiro para un ideal envecellecemento activo

Cachibol en Santa Comba
Cachibol en Santa Comba
Cachibol xalleiro para un ideal envecellecemento activo

Está alcanzando sona internacional a práctica do cachibol de Santa Comba. Onte recibían as bravas xogadoras xalleiras a visita da conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada da alcaldesa María Pose. A conselleira quedou asombrada coa forza e entrega das nosas maiores, que aletandas por Huelvis dano todo.

Unha cita enmarcada na renovación da Rede Galega de Atención temperá, que xa dá cobertura a 92 concellos. Unha rede que premite aos concellos desenvolver accións coma estas, perfectas para que as persoas de máis idade disfruten dun envellecemento activo e que lles permite gañar máis autonomía.

Escola infantil

Aproveitaron a Conselleira e a alcaldesa tamén para visitar a escola infantil de Santa Comba. Unha visita para lembrar o cambio da coberta no patio do centro, así como as obras na estrutura que puideron realizar cos 123.000€ de investimento autonómico.

Visita de Fabiola Garcia e Maria Pose a Escola Infantil de Santa Comba

Comentarios