Venres. 26.04.2024
El tiempo

Un camión guindastre de gran tonelaxe sofre un incendio na estrada de Fontecada

Guindastre quimado en Santa Comba
Un camión guindastre de gran tonelaxe sofre un incendio na estrada de Fontecada

Eran as 16:15h de onte cando un camión guindastre de gran tonelaxe pertencente a unha empresa de prefabricados de Santa Comba sufría un incendio. O vehículo estaba na AC-546, que vai de Negreira a A Pereira, ao final da costa que dá entrada ao lugar de San Martiño (Fontecada).

Os Bombeiros do Parque Comarcal do Xallas acondían, xunto co Servizo Municipal de Protección Civil de Santa Comba, para intentar sufocalo, pero o vehículo quedou calcinado.

Afortunadamente, o condutor do vehículo resultou ileso, pero foron necesarios outros dous guindastres que o subiron a unha gondola.

Comentarios