Venres. 26.04.2024
El tiempo

“A Casa da Mina”, de Carmen Caramés, Premio Risco de Creación Literaria á Novela

Carmen Carames-Foto-Lindeiros
Carmen Caramés-Foto-Lindeiros
“A Casa da Mina”, de Carmen Caramés, Premio Risco de Creación Literaria á Novela

A escritora xalleira Carmen Caramés segue contando premios. Desta volta, suma XXII Premio Risco de creación literaria á novela, outorgado o pasado outubro polo Concello de Ourense á súa obra “A casa da mina”. O xurado escolleuno entre os 27 traballos presentados, e a escritora leva un premio de 6.000 euros máis a publicación da obra.

O xurado valorou a “atinada descrición da miseria do rural, nun relato de superación da súa protagonista feminina”. Trátase “dunha novela de lectura amena, crítica cos poderes establecidos, onde unha igrexa omnipresente condiciona a vida da xente”, aseguran.

O relato rememora, en primeira persoa, a historia duna muller nos tempos de traballadora nas minas de wolfram de Varilongo, e de como a mina cambiou a súa vida. É tamén unha historia de solidariedade e de resistencia contra o franquismo, onde hai unha homenaxe valente ás mulleres sobreviventes.

Novas relacionadas

Comentarios