Domingo. 06.10.2024
El tiempo

O CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba recibe o premio “Galicia Saudable”

O CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba recibe o premio “Galicia Saudable”
O Deporte é parte do día a día do CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba O Deporte é parte do día a día do CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba

A Secretaría Xeral para o Deporte publicou ont a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego do ano 2017 que nesta edición recoñeceron a 17 premiados en 17 categorías. Galardóns que se entregarán o vindeiro día 14 de maio no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra.

Ata alí terá que ir unha expedición do CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba, pois terá que recoller o “Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa”.

A comunidade educativa do Barrié de la Maza viu recoñecida a súa labor na promoción dos hábitos saudables, a a través da actividade física, un proxecto de varios anos, cun traballo árduo e metódico dos mestres e mestras do centro educativo xalleiro, capitaneado por César Ramos.

O prestixiosos premios destacaron tamén entre outros á baloncestista internacional María Araújo, ó xogador do Real Madrid e da selección española Lucas Vázquez ou o Real Clube Celta de Vigo.

Aquí vemos a carreira solidaria armada o pasado mes de marzo e unha sesión de crossfit de abril, como demostración do potencial saudable do centro:

 
 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios