Martes. 19.03.2024
El tiempo

Clausurados os obradoiros de emprego xuvenil de Santa Comba e Carballo

20190325_rodeiro_04
Clausurados os obradoiros de emprego xuvenil de Santa Comba e Carballo

Un total de 16 alumnos e alumnas do concello de Santa Comba formáronse nos últimos seis meses en actividades auxiliares de conservación e mellora de montes, compartindo experiencias cos Concellos A Baña, Negreira e Val do Dubra.  Os alumnos comezaron a formación no mes de setembro e concluíron en marzo, tras seis meses de formación teórica e práctica.Grazas a este obradoiro leváronse a cabo 28 actuacións de limpezas, rozas, saneamento e repoboación de montes.

En Carballo a situación foi semellante.  Coa entrega de diplomas remataron os seis meses de formación teórica e, sobre todo, práctica para o alumnado do obradoiro de emprego de carpintería que se desenvolveu no Fórum Carballo grazas á colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello. Representantes de ámbalas dúas administracións asistiron ao acto, que tivo lugar nas instalacións da Escola Municipal de Hostalaría tras unha visita á nave de carpintería e unha breve explicación por parte da dirección e do profesorado do obradoiro do traballo desenvolvido. O obradoiro remata, pero deixa como legado o mobiliario urbano que se instalará nas rúas Luís Braille e Xílgaro, nas que pronto comezarán as obras de reurbanización.

Obradoirod e Emprego de Carballo

Ampla inserción

Durante a presentación lembraron que arredor do 60% dos alumnos atopan traballo, algúns incluso antes de rematar o curso”. Ademais, engadiu, “as empresas locais xa coñecen o éxito e a boa calidade da formación que se imparte polo que ven estes cursos moi atractivos para atopar xente ben formada nas áreas que lles interesan”.

Os obradoiros céntranse na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral. Esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios reciben formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos.

Comentarios