O Comercio de Santa Comba lanza ofertas de ata o 70% polo #VenresNegro

11:55 19/11/20
Vaise achegando o último venres de novembro, esa data na que o consumo nos supera e quedamos ao amparo da suposta necesidade de comprar.
Pero para non caer nas fáciles prácticas de marketing das multinacionais, queremos dar conta das iniciativas que fomentan o consumo local. Como a que protagoniza a Asociación de Empresarios de Santa Comba, que a través da www.comerciodesantacomba.com visibiliza as ofertas que os seus socios lanzan do 26 ao 28 deste mes.