Sábado. 02.11.2024
El tiempo

O Concello de Santa Comba pásase a Telegram para seguir informando directamente a 2.200 persoas

Santa Comba telegram
O Concello de Santa Comba pásase a Telegram para seguir informando directamente a 2.200 persoas

O de Santa Comba é un dos concellos que mellor comunica as súas actividades. Faino directamente coa veciñanza, dende hai anos, a través dun sistema de mensaxes directas a través do Whastapp, unha ferramenta ao alcance de todo o mundo.

Pero faise complicado para os comprometidos técnicos xalleiros seguir informando ás máis de 2.200 persoas rexistradas no servizo de información municipal, xa que as restricións de Whastapp obríganlle a ter 9 listas de distribución diferentes para poder enviar as máis de 10.000 mensaxes que chegan a enviar nunha soa xornada.

Por iso, propoñen migrar o servizo a Telegram, outra plataforma semellante ao Whastapp pero máis libre á hora de enviar mensaxes de difusión. Apuntan máis vantaxes do Telegram como o poder borrar mensaxes antigos ou caducados, poden editar e rectificar mensaxes enviados, non hai limite de suscricións, os suscritores non poden escribir nin enviar imaxes (reciben unhas 20 mensaxes equivocas ó día), e poden ter vari@s administradores.

Por un tempo irán convivindo coas dúas aplicacióins e aos usuarios suscritos en TELEGRAM irán dándoos de baixa de Whatsapp para non duplicar o contido.

Xa podes descargar aquí o Telegram e buscar o "CANAL SANTA COMBA INFO”. Se tes dúbidas, pasa polo Edificio Multiusos.

Comentarios