Domingo. 20.09.2020
El tiempo

Un condutor de Santa Combra, sorprendido triplicando a taxa de alcolemia

Un condutor de Santa Combra, sorprendido triplicando a taxa de alcolemia

Continúa a Garda Civil realizando numerosos controis de alcolemia na comarca. Esta semana, o Destacamento de Tráfico de Corcubión “cazou”, a altura do km.80 da AC-552, no termo municipal de Dumbría, un condutor (veciño de Santa Comba de 37 anos), cunha tasa de alcolemia de 0,88 mg/l e 0,87 na segunda proba, o triple do permitido.

Deste xeito, pasa a ser investigado por un delito contra a Seguridade Vial, e citado para comparecer no Xulgado de Corcubión nas vindeiras datas.

Novas relacionadas

comentarios