O CSIF obtén o 100% dos votos nas eleccións sindicais de funcionarios do Concello de Santa Comba
13:15 11/07/23
O CSIF obtén o 100% dos votos, polo tanto maioría absoluta, nas eleccións sindicais levadas a cabo no Concello de Santa Comba o pasado luns 10 de xullo. Desta forma Juan Carlos Suárez Pais convírtese en delegado electo e José María Suárez Mariño, en delegado sindical do sector funcionarial do concello xalleiro en representación da Central Sindical Independiente de Funcionarios CSIF.
O resultado deste proceso, sumado o obtido nas eleccións ao Comité de Empresa do pasado 19 de xuño supón o 61% de representación para o CSIF na MXN Mesa Xeral de Negociación.