Do interior do Terra do Xallas ao mar da Mariña
07:31 07/05/18
Si fai unhas semanas, alumnos e Mestres do IES Pedrouro de Burela visitaban Santa Comba e o seu instituto dentro dunha actividade conxunta das dúas comunidades educativas, este venres foi o día de "devolver visita" dos xalleiros a terras da Mariña Lucense. Esta actividade realizouse desde a Vicedirección do IES Terra do Xallas, conxuntamente co Equipo de Dinamización da Lingua Galega para fomentar o uso e a difusión da lingua e cultura galega entre os xóvenes. A delegación de Santa Comba foi recibida alcalde de Burela Alfredo Llano, además de polo director do IES Pedrouro e os seus mestres. Os 2 grupos de estudantes, todos eles de 2° da ESO, poideron compartir unha xornada repleta de actividades. Pola mañá, visitaron o complexo industrial de Sargadelos na veciña localidade de Cervo, onde poideron coñecer o proceso de produción. Posteriormente subiron ó Monte Castelo (o de Burela), onde se pode disfrutar dunha panorámica espectacular desde o Cabo Ortegal ata Asturias. Logo da comida conxunta de Irmandade, houbo camiñata por Perdouro e visita á peculiar Igrexa de Coedo. Pese a algo de vento de nordés, a climatoloxía permitiu compartir xogos de convivencia na Praia, para rematar a xornada coa visita á Lonxa de Burela, unha das máis importantes de Galicia, para ver a poxa de peixe. A satisfacción pola experiencia, tanto en alumnos como mestres foi absoluta, e espérase repetir experiencias similares no futuro. Fonte José Manuel Vázquez.