Doble sesión plenaria en Santa Comba, a través do youtube
07:32 20/04/18
Novo pleno quente, doble desta volta, en Santa Comba. A Casa do Concello acollía onte dúas sesións plenarias que podemos seguir ademais a través do canle de youtube municipal Santa Comba TV: a primeira sesión versaba sobre a elección do Xuíz de Paz. Había varias peticións, pero finalmente seguirá Manuel Gómez Túnez co apoio de PP e TeGa.
Na segunda sesión, a petición do PSOE estudábase a viabilidade do Plan Único da Deputación xalleiro. O seu voceiro Ucha Velo presentaba un recurso ao entender que non estivo toda a xente informada. PP e TeGa votaron abaixo a moción e seguiron adiante co Plan.
Entre os rogos e peticións destacou a pregunta de Velo de se os orzamentos están en marcha.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).