Venres. 26.04.2024
El tiempo

A ermida de San Bartolomeu volverá ser este sábado o epicentro do ceo

  • Santa Comba mirará ó ceo este sábado para ver Saturno, estrelas dobles, nebulosas e cúmulos estelares.
  • Hoxe xoves hai parte de Dombate unha nova Ruta das estrelas con Jorge Mira.
  • Corme celebra estes días as Xornadas sobre Contaminación Luminosa.
Ermida_de_San_Bartolomeu,_Santa_Sabiña,_San_Xulián_de_Santa_Sabiña,_Santa_Comba-DFoto-Javier Pais
A ermida nunha foto de Javier Pais
A ermida de San Bartolomeu volverá ser este sábado o epicentro do ceo

No marco do programa científico-cultural denominado “A Vía Láctea e outros motivos Xacobeos do Camiño”, o Concello de Santa Comba e o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela, ultiman os preparativos para unha nova saída para observar o ceo.

Unha saída para para achegar á poboación a relación directa e decisiva da astronomía co Camiño de Santiago, e concretamente da Vía Láctea como auténtica guía dos peregrinos cara a Compostela.

Para iso, poucos sitios en Galicia mellor que a ermida de San Bartolomeu, no monte do Busto (Santa Sabiña), como observatorio natural. Un lugar máxico onde o Concello xa leva anos fomentando a astronomía entre a veciñanza.

As previsións meteorolóxicas para a xornada, en principio, son favorables, aínda que se recomenda algo de abrigo, dado que, este ano ademáis, amplíase a actividade conectando a astronomía coa oferta cultural, dado que ao remate da sesión divulgativa os asistentes poderán disfrutar dunha actuación de música tradicional, coa presenza do grupo da Asociación Cultural Ximiela de Louro, encadrada dentro da rede Cultural da Deputación da Coruña.

Na xornada do sábado 20 de agosto realizarase unha ruta camiñando, con saída desde a Casa da Escola do Busto a partir das 21.15 horas, para subir ao emblemático Monte de San Bartolomeu, donde, aproximadamente a partir das dez da noite, os profesionais do Observatorio da universidade santiaguesa achegarán ao público unha realidade celeste na que se integra o noso planeta, que é a Vía Láctea e sin a cal sería imposible comprender o fenómeno do Camiño de Santiago tal e como se orixinou, relación que perdura ata a actualidade. Esa observación guiada contará con material accesible aos participantes para que poidan desfrutar de primeira man cos telescopios e teñan a posibilidade de converterse en astrónomos por un día.

Este sábado en Santa Comba, según indica José Ángel Docobo, “teremos a oportunidade de ver o planeta Saturno, algunhas estrelas dobres e obxectos do ceo profundo como nebulosas ou cúmulos estelares. Este ano os planetas principais, que son Xúpiter e Saturno, tardaron un tempo en poder ser observados a primeiras horas da noite, e xusto a mediados de agosto Saturno empézase a ver”, segundo sinalou na Radio Xallas, a emisora municipal de Santa Comba.

Inscrición

As inscripcións para esta actividade, gratuita e aberta a todo o público, pódense formalizar ata o 19 de agosto no enlace que se atopa na páxina web municipal www.santacomba.es. É necesario inscribirse xa que todos os participantes estarán cubertos por un seguro.

RUTA DAS PERSEIDAS CULTURAIS Santa Comba 2022

Cita en Dombate

Unha actividade semellante ten lugar hoxe xoves, 18 de agosto, a partir das 22.00 horas, tendo como punto de saída o Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate. Durante a actividade as persoas asistentes poderán contemplar os ceos nocturnos desde o Castro de Borneiro.
Non é necesaria inscrición previa e recoméndase levar roupa e calzado de abrigo, así como lanterna.

Ruta das Estrelas Dombate agosto 2022

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios