O ex alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira, exonerado de responsabilidades na Operación Qátedra
- Novembro 15: Detido o ex-alcalde de Santa Comba na Operación Qatedra.
O Xulgado de Instrución Número Uno de Lalín vén de finalizar a instrución sobre a Operación Qatedra. Un proceso que estudia o fraude en cursos de formación. Neste remate da instrución, hai dous puntos destacables, pois o xulgado dirixe a causa contra tres responsables da consultoría PROSEM. Outras 51 persoas, entres os que se atopa o ex alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira, así como o seu irmán Jorge Jose Landeira Gallardo, veían sobreseída a súa causa.
Landeira, que dimitira 2014, era detido en 2015 no marco da devandita operación, vén como despois de máis de tres anos de investigación, o órgano xudicial considera que non existen indicios de delito á fronte de Carbónicas Landeira, S.A, promotora duns cursos de formación, que se celebraron no ano 2010 e que estaban organizados pola empresa PROSEM.
A investigación continúa lonxe de Santa Comba
A xuíza indica que hai indicios de que os dous irmáns de PROSEM “idearon un sistema para a obtención de subvencións da Administración autonómica”. A consultoría que dirixían os dous investigados e na que a muller dun deles participaba “de forma activa” achegaba, segundo sinala a instrutora, “toda a infraestrutura necesaria, incluída a financeira, para realizar a tramitación administrativa”.
Ponse fin así a un “calvario xudicial”. Landeira, que a día de hoxe apoia con total convicción a candidatura da alcaldesa Maria Pose para a súa reelección en maio, non descarta volver a política de cara a seguinte lexislatura.
Novas relacionadas
- Novembro 15: Detido o ex-alcalde de Santa Comba na Operación Qatedra.
- 09-11-14: Dimite o alcalde de Santa Comba.