Unha ferida tras un envorco esta pasada noite en Santa Comba

16:01 03/04/23
Esta pasada noite de domingo, arredor das 23:30h, rexistrábase un accidente á altura de Santa Comba, no quilómetro 57 da AC-400. Un vehículo sufría unha saída de vía e acabou envorcado.
A ocupante non podía saír ao exterior polos seus propios medios, pero os Bombeiros do Xallas non tiveron que facer uso do seu material de excarceración para sacala do coche. Si que tiveron que cortar o cinto da persoa ferida para retirala do vehículo, pero non tiveron que excarcerala. Tras rematar a intervención, a implicada foi atendida polo persoal sanitario e trasladada ao centro hospitalario de referencia.